Apoio total ao NON á Lei de Acuicultura dos partidos políticos coa ausencia do PP

    VILAGARCÍA> Rexeitamento unánime contra a Lei de Acuicultura por parte dos partidos que se presentan as Eleccións Xerais deste domingo. Todos menos o Partido Popular que non acudiu a reunión convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa con todos os cabezas de lista para coñecer a súa posición ante a lei. Partidos e representantes do sector produtivo téñeno claro: este anteproxecto prexudica gravemente ao marisqueo e permite a entrada de multinacionais foráneas que acabarán co reparto equitativo de beneficios danando ademais o fondo mariño.

     

    O auditorio de Vilagarcía reunía onte a unha ampla representación das distintas confrarías do Salnés, Arousa e o Barbanza, a agrupacións de bateeiros e parquistas e á Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa; e facíao nunha xuntanza cos cabezas de lista de todas as formacións políticas que se presentan a estas Eleccións Xerais. Aínda que cabezas de lista, só se presentou realmente a número 1 de Nós Candidatura Galega, Carme Adán. O resto de partidos, desculpando aos seus primeiros, si enviaron representación. Quen non o fixo foi o Partido Popular quen, se nun principio confirmara a asistencia do seu número 1 ao Congreso pola provincia de A Coruña e deputado actualmente, Torres Colomer, escusouse o propio día alegando un acto con Feijóo á mesma hora.

    Na xuntanza os distintos colectivos puideron expresar o seu rexeitamento contra unha lei que aseguran está deseñada para implantar a acuicultura a escala industrial, danando o ecosistema e prexudicando ao gran número de familias que agora mesmo viven do marisqueo mentres se favorece a empresas foráneas.

    Tanto Partido Socialista como Nós Candidatura galega, En Marea ou Ciudadanos apoiaron ao sector e amosaron o seu rexeitamento cara esta lei proposta por un goberno do Partido Popular. Ciudadanos quixo expresar a súa preocupación polo dano que se faría no ecosistema da Ría a introdución de especies foráneas medicadas e polo encarecemento económico e fiscal que suporía segundo expresou o seu representante a aprobación desta lei para os sectores produtivos. Desde En Marea cualificaron a Lei de Acuicultura como unha bomba de reloxería que daría luz verde a expropiación de terreos de protección medioambiental. Nós expuxo a privatización do mar que ve neste antreproxecto de lei que segue os pasos de López Veiga segundo palabras de Carme Adán e os socialistas amosaron o seu desacordo co fondo e a tramitación desta lei.

    Todos rexeitaron de cara aos sectores implicados este antreproxecto, pero tamén quedaron advertidos dende eses mesmos sectores se tralas eleccións asumen responsabilidades de goberno e non cumpren o prometido.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/17/acuicultura_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/17/acuicultura_vilagarcia.mp4{/flowplayer}