VILAGARCÍA> O grupo de goberno de Vilagarcía presenta o borrador dos seus orzamentos para o 2016 cun aumento do 0’74% con respecto ao ano anterior, un total de case 26.300.000€. Os incrementos máis destacados están en Servizos Sociais e Persoal, coa contratación dun novo traballador social e a devolución da paga extra suprimida en anos anteriores aos funcionarios. Varela xa anunciou unha partida de 100.000€ reservada para o ximnasio do colexio de Rubiáns e destinará 305.000 á segunda fase das obras na Praza de Abastos.
Esta mañá eran presentados os orzamentos do Concello de Vilagarcía para o 2016. Uns orzamentos que aumentan nun 0’74% con respecto ao ano anterior superando os 26.280.000 euros.
Servizos sociais e unha das áreas que máis incrementa o seu presuposto, faino en máis dun 15%, o que aumenta en 211.000 euros as partidas destinadas á prestar os servizos que necesita a cidadanía e que o rexedor, Alberto Varela, sinalaba como unha das liñas máis importantes do seu programa.
O capítulo de Persoal tamén aumentará en menos dun 1% e farao para contratar a un traballador social máis e para devolverlle a paga extra suprimida en anos anteriores aos funcionais entre outros.
O Concello, que cre poder obter o visto bo de Patrimonio para rematar as obras na Praza de bastos, destinará a elo unha partida de 305.000 euros e xa reservou 100.000 para o arranxo do ximnasio do colexio de Rubiáns coa idea de non depender de outras administracións.
Os socialistas tratarán de obter as cantidades dedicadas a estas dúas obras en praza e ximnasio do 1.100.000 euros de remanentes de anos anteriores que van a solicitar e a estes tamén se lle suma a petición dun préstamo por valor de 650.000€ para inversións como a creación dunha administración electrónica, a mellora da accesibilidade en lugares públicas ou o asfaltado de viais.
Alberto Varela amosouse aberto a recibir propostas do resto de grupos políticos do concello coa idea de mellorar os orzamentos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/17/orzamentos_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/17/orzamentos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}