Pesimismo entre a flota de artes menores tralo reparto de cotas

    PORTO DO SON> Fronte á satisfacción moderada da Consellería ante o reparto das cotas pesqueiras entre a flota comunitaria, a Federación Galega de Confrarías fai unha valoración máis ben negativa. O panorama para a flota galega de artes menores no 2016 non é demasiado optimisma. Así o ve a federación galegas de confrarías dada a alta dependencia de especies que sofren importantes recortes ou que se manteñen sen aumentar as súas posibilidades de pesca. Este reparto, que non beneficia ós produtores galegos, non é o único que preocupa o sector, molesto tamén tras coñecer en detalle o anteproxecto da lei de acuicultura. A Federación Galega constituíu unha mesa de traballo que elaborou un borrador de conclusións técnicas no que rexeita maioritariamente a norma. Dada a alta oposición dos sectores produtivos, a federación de confrarías agarda que se teñan en conta as alegacións e a tramitación da lei non siga adiante.

    Comments are closed.