A Lotaría Nacional deixa 300.000 euros en Vilagarcía co 18906

    VILAGARCÍA> En plena tolemia pola compra de Lotaría para o sorteo de Nadal, a Nacional adiantouse e deixou unha alegría en Vilagarcía. A administración número 5, no centro comercial Arousa, repartiu onte máis de 300.000 euros, cun primeiro premio que recaeu no número 18906.

    Dende onte, María Eugenia xa ten outro número que colgar na súa parede de premios. A Lotaría Nacional do xoves deixou 300.120 euros a través de dez décimos do 18906, e o primeiro premio quedou en Vilagarcía.

    A administración número 5, no centro comercial Arousa, ten experiencia repartindo sorte. No 2010 venderon un premio da Primitiva de 260 mil euros e h ai uns anos, despacharon os quintos premios da Lotería de Nadal e de Reis. Unha alegría para os responsables da administración.

    María Eugenia amósase satisfeita por este novo premio. Pero tamén confesa que o máis desexado é o Gordo da Lotería de Nadal.

    Por iso, aínda que 300 mil euros repartidos están moi ben para abrir boca, na administración número 5 de Vilagarcía seguirán estando moi pendentes do sorteo do 22 de decembro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/18/premio_lotaria_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/18/premio_lotaria_villa.mp4{/flowplayer}