RIBEIRA> Rematado hoxe o prazo de exposición pública do Plan de Mobilidade Sostible de Ribeira ábrese agora a fase da estudo das alegacións de Ribeira. O grupo de goberno presentou unha trintena de propostas; moitas delas relacionadas coa revisión e actualización das actuacións en materia de custos.
Ás alegacións presentadas polos grupos da oposición, engádense as 30 propostas formuladas polo goberno de Ribeira para mellorar e actualizar o PMUS. Boa parte delas refírense a cuestións xenéricas como a revisión das actuacións no seu custo e programación anual, así como a adecuación da composición da mesa de peonalización para transformala nunha mesa de mobilidade. O executivo plantexa ademais a actualización das ordenanzas municipais de xeito que se contemple o tránsito en vías peonís, autocaravanas, patinetes e outros vehículos eléctricos.
Propoñen ademais unha serie de medidas para promover a mobilidade a pé, o transporte público e medios de transporte sostibles.
Por último, dende o goberno de Ribeira apostan por realizar un estudo para a implantación do transporte marítimo e a conexión por ferrocarril da comarca.