Trabandainas organiza este domingo a V Andaina Solidaria a favor de A Misela

NOIA> Esta mañá presentábase a quinta edición da andaina solidaria en favor da asociación A Misela que organiza o Club Trabandainas. A cita será este vindeiro domingo, con saída prevista para as nove da mañá dende a escalinata do Concello.

A andaina será circular e terá un percorrido  dun dez quilómetros, de dificultade media-baixa.

Todo o recadado a través das inscricións que se realicen, cun custe de cinco euros, irán a parar á asociación A Misela.

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro xoves a través da web de cronocheck.com. A dia de hoxe e a falla aínda de varios días para o peche das inscricións xa hai máis de 300 persoas apuntadas, confiando en poder chegar ata as 500.

dende a organización agradecen tanto ó Concello como as distintas empresas que colaboran coa andaina, xa que sen o seu apoio e colaboración sería imposible poder chegara  celebrala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí