RIANXO> Hai varias semanas iniciábanse as obras de reforma integral do colexio Castelao.
A actuación, financiada pola consellería de Educación, permitirá a impermeabilización exterior do edificio mediante a instalación dun sistema de illamento térmico, a reforma da cuberta e a substitución das fiestras.
Pero o Concello agarda que a actuación non quede só niso, e se dea solución tamén os problemas de accesibilidade que presenta actualmente o edificio.
Pero o Concello ten en marcha ou a piques de iniciar tamén outras actuacións importantes, como son a mellora da cuberta do pavillón municipal, a rehabilitación do edificio de centro cultural de Taragoña ou o saneamento de Quintáns, entre outras.











