Un proxecto piloto converte o Príncipe Filipe na nova ‘Facultade de Compostaxe’

PONTEVEDRA> A aposta pola compostaxe da Deputación de Pontevedra terá o Príncipe Filipe como centro neurálxico. A Cidade Infantil converterase nunha sorte de facultade, onde se formarán como mestres composteiros os 20 alumnos seleccionados no proceso. Ademais, o recinto acollerá un proxecto piloto de compostaxe cos residuos do comedor do centro escolar e da Escola de Hostalería Carlos Oroza.

Pontevedra pon en marcha a súa facultade de compostaxe. A partires do 1 de febreiro, o Príncipe Filipe acollerá a formación dos 20 alumnos seleccionados para formarse como mestres composteiros.

Dos 20 participantes, dez serán os que poidan acceder ás becas de mestres composteiros. O curso durará sete semanas, con formación teórica e práctica que se impartirán no mesmo centro. E é que ademais a Cidade Infantil converterase nun modelo piloto de compostaxe.

Ademais do comedor do centro escolar, tamén participará nesta experiencia a Escola de Hostalería Carlos Oroza. Segundo os cálculos da Deputación, xestionaranse 160 quilos de residuos ao día. A produción do compost será do 15% dos restos, e se empregarán na horta do Carlos Oroza.

Antes do 6 de xaneiro instalaranse os composteiros, que serán de dous tipos. Os estáticos serán para o comedor do Príncipe Filipe, cun investimento de 6.000 euros. A escola de hostalería contará cun ergonómico con capacidade de 2,6 metros cúbicos, cedido ata abril pola Universidade de A Coruña. Se o proxecto acada bos resultados, a Deputación estudará a posibilidade de mercar este composteiro por un prezo de 20 mil euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/23/compostaxe_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/23/compostaxe_pontevedra.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí