A Deputación asistirá ao Fórum do Camiño de Santiago, Fairway

PONTEVEDRA >  A Deputación de Pontevedra promoverá as cinco vías xacobeas que atravesan a provincia na terceira edición de Fairway, o Fórum Internacional do Camiño de Santiago. O evento abrirá as súas portas este domingo e durará ata o martes.

Carmela Silva anunciou esta mañá que a Deputación participará nunha nova edición de Fairway. Para elo, a institución provincial contará cun stand propio no que, baixo o concepto de “Camiño experimental”, fará fincapé nos sectores da gastronomía e o enoturismo.

A presentación da campaña promocional de este ano, Fame de Experiencias, terá lugar o luns ás 12.30 horas e estará guiada polo actor Rubén Ríos.

A presidenta mostrouse entusiasmada co feito de que a Deputación participe neste fórum internacional pero asegurou que é un gran reto para todos.

O Goberno provincial quere seguir traballando no fomento das cinco rutas do Camiño de Santiago que atravesan a provincia e con este evento esperan que Pontevedra siga sendo un referente no sector do turismo.

Comments are closed.