PONTEVEDRA> Continúa a resaca electoral, as reflexións e valoracións. No Partido Popular de Pontevedra fixérono o luns aproveitando a última xunta directiva de 2015. Unha reunión na que se recoñeceu a baixada de votos aínda que insistiron en resaltar que foron a forza máis votada. No debate saíron a relucir cuestións a corrixir e un comentario do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, acabou co ex conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, abandonando a sala.
Algo non se está facendo ben e é preciso ‘cambiar o chip’. Este foi un dos argumentos que se escoitaron onte na última xunta directiva celebrada polo Partido Popular de Pontevedra. Xunta que coincidiu co día despois das eleccións e, como non, coa análise obrigada. Malia que desde o Partido Popular insisten en destacar que foron a forza máis votada, a perda de votos non se pode agochar.
Pero á hora de analizar que se está facendo mal, algún exemplo non sentou nada ben. Foi o que lle pasou ó alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán.
O argumento incomodou ó ex conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presente na sala e decidiu levantarse e abandonar a sala.
Anécdota á marxe, o Partido Popular confía en que Mariano Rajoy poida erixirse como presidente do goberno tralo resultado electoral e escapa de facer lecturas a nivel autonómico dos comicios xerais, xa que para o ano hai eleccións para a Xunta de Galicia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/duran_lopez_veiga.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/PP_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}