A Valedora insta a Política Social a buscar un novo modelo de contratación para os auxiliares de enfermería

PONTEVEDRA> A Valedora do Pobo atende a queixa dos auxiliares de enfermaría e dá un mes a Política Social para que busque un sistema de contratación alternativo. Os profesionais dos centros sociosanitarios dependentes desta consellería consideran que o actual modelo é inxusto. Hai uns días, lembrarán, manifestáronse diante da residencia de maiores de Campolongo, en Pontevedra.

A Valedora do Poco acaba de abrir un expediente a raíz das queixas rexistradas polos téxnicos en coidados auxiliares de enfermaría dos centros sociosanitarios que dependen da Consellería de Política Social, entre eles, esta residencia de Campolongo, en Pontevedra.

Estes profesionais reclaman un sistema de contratación alternativo. Denuncian que o actual é inxusto, en especial coas mulleres, que son maioría no sector. Indican que o modelo está baseado en contratos por horas, media xornada ou fin de semana, con convocatorias de un día para outro.

Atendendo a isto, a Valedora recoméndalle á Consellería de Política Social que pense no deseño dun novo modelo de coberturas. Dálle un prazo dun mes para que comunique se acepta ou non esa suxestión de valorar un sistema alternativo.

Os traballadores  piden un sistema de contratación onde as listas se dividan en contratación a tempo parcial ou completo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí