AMBAR promove unha campaña pro-accesibilidade universal

    BARBANZA> Dende a entidade segue a insistirse que queda moito por facer neste eido, instando ós concellos a desenvolver accións concretas para conseguila. Dende hai máis de vinte anos, Ambar leva traballado arreo para a consecución dun plan de accesibilidade universal. A pesar do esforzo realizado, a día de hoxe seguen a existir numerosas eivas nesta materia. Por esta razón nos últimos meses están a retomar novamente unha campaña, para a que buscan o compromiso dos concellos da zona, e conseguir municipios con espazos totalmente accesibles. Dende Ambar poñen coma exemplo o traballo realizado en Pontevedra, primeira cidade europea en recibir o premio Intermodes 2013, ou máis recentemente recoñecida en Dubai co premio ONU-Hábitat por ser unha cidade centrada nas persoas. En definitiva, toda unha serie de accións encamiñadas á creación de entornos xustos onde se equiparen as oportunidades para todos, baseándose nos dereitos humanos de autonomía e no principio de non discriminación.