BARBANZA> Os nacionalistas presentarán na totalidade de concellos da comarca unha moción tipo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. A responsable da area de muller do BNG do Barbanza, Raquel Suarez, criticou as políticas que se están a impulsar dende o Goberno da Xunta de Galicia, que supoñen un claro retroceso nas políticas de igualdade dos últimos anos. Pon coma exemplo desta situación a última guía de recursos e apoio á maternidade publicada pola Secretaria Xeral de Igualdade. O BNG da comarca pedirá o apoio das corporacións locais para instar á Xunta á derrogación das leis de apoio á familia e á muller embarazada, por non dotaren de recursos nin de servizos ás mulleres que desexan exercer o seu dereito á maternidade, así como tamén mostrar o seu rexeitamento á reforma do anteproxecto da lei do Aborto que pretende aprobar o Goberno Central. No acto tamén participou a deputada, Carme Adan ,quen apuntou que a lei do aborto e innecesaria en Galicia, onde non existe unha demanda social. Tamén aludiu ó retroceso que se está a dar nas políticas de igualdade, razón pola cal o seu grupo presentará iniciativas no Parlamento Galego e no Parlamento do Estado neste senso. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/bngbarbanza8demarzo210214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/bngbarbanza8demarzo210214.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia