O PSOE esixe frear o derrubamento das naves conserveiras da Pobra

    POBRA> O PSdeG-PSOE vén de denunciar a irresponsabilidade do Partido Popular ó rexeitar unha proposta no Parlamento presentada polos socialistas en contra do derrubamento de tres antigas naves conserveiras existentes no Paseo dos Areos, na Pobra do Caramiñal. A actuación forma parte do proxecto de rexeneración que se prevé levar a cabo na zona das Xunqueiras e que será sufragado polo Ministerio de Medio Ambiente, a través da Demarcación de Costas en Galicia. O deputado socialista Francisco Caamaño denunciou a irresponsabilidade mostrada polo PP ó negarse a aprobar unha iniciativa socialista para frear o derrubamento de tres naves conserveiras construídas en 1750 na Pobra do Caramiñal. Caamaño presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Cultura para garantir a permanencia dos inmobles que foi rexeitada polo PP. Segundo el estes antigos edificios atópanse ameazados polo proxecto de rexeneración ambiental da marisma da Xunqueira, previsto polo Ministerio de Agricultura. Dito proxecto prevé a demolición dos edificios para construír un miradoiro de aves aínda que estean catalogados urbanísticamente como bens protexidos. O deputado socialista sinalou que a rehabilitación medioambiental da marisma é perfectamente compatible co mantemento das construcións, polo que considerou incomprensible que o PP rexeitara a proposta socialista. Ademais lembrou que a recuperación da marisma está na súa primeira fase de execución á espera da segunda fase, que será na que se inclúa o derrubamento das naves. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/psoebarriocatalanspobra1807141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/psoebarriocatalanspobra180714.mpg.mp4{/flowplayer}