Ribeira acollerá este próximo domingo a Ruta en BTT de Nadal

RIBEIRA> A proba está organizada polo departamento de Deportes coa colaboración do Club Os Saltamontes. Rematado xa o prazo para inscribirse na carreira, dende a organización cifran en preto de trescentos, os participantes que tomarán a saída este próximo domingo na Ruta BTT de Nadal que este ano chega a súa sexta edición. A proba está organizada polo concello coa axuda técnica do club Os Saltamontes. A carreira terá un carácter non competitivo. A principal novidade desta edición é que existirá a posibilidade de realizar dous percorridos, un de 43 km e outro menos esixente de 35 km. A saída terá lugar ás nove da mañá dende o Complexo Deportivo da Fieiteira e a chegada dos primeiros participantes estímase ó redor da unha no mesmo lugar da saída.