Pastas de albariño: a sobremesa coa que sorprender este Nadal

    MEIS>

     

    Foi nunha desas celebracións entrañables en familia, por Nadal, nas que se cociñan pratos e doces do máis suculentos, o tempo no que nace a historia de ‘3 Pastas Delicatessen’. María José Oubiña foi sempre unha gran reposteira. Apaixonada da cociña, e sobre todo dos petiscos para as sobremesas, aprendeu durante a súa estancia en Suíza a receita dunhas galletas con viño.

     

     

    Casualidades do destino, un día regaláronlle unha caixa de albariño e decidiu experimentar. As súas pastas acadaron ese Nadal os máis destacados piropos. Esta boa sona, unida a outras circunstancias persoais e impulsada polas súas fillas, Susana e Patricia, daban vida hai dous anos a ‘3 Pastas Delicatessen’, unha empresa que partiu da nada e que hoxe xa distribúe a súas pastas de albariño por toda Galicia e parte de España.

     

    Empezaron elaborando na casa, en Meis. Adaptaron un antigo garaxe, hoxe obradoiro, no que día a día seguen amasando e elaborando unha a unha estas pastas de te de albariño. Non son as únicas.

     

    Para todos aqueles que aínda non puideron caer na tentación de probar unhas destas delicatessen, saiban que as teñen moi preto.

     

    Tamén en Noia, en Ultramarinos Aurora,; ou en Pontevedra Juncal Alimentación, Frutería El Vergel, A tenda da Gata e Mímate Delicatessen. Unha opción para a sobremesa das ceas e comidas deste Nadal, coa que seguro sorprenderán ós seus convidados.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/21/PASTAS_ALBARINO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/21/PASTAS_ALBARINO.mp4{/flowplayer}