O PP de Noia atribúe a unha crise interna o ‘desgoberno’ do concello

    NOIA> O PP de Noia fai un balance moi negativo dos sete meses de goberno municipal. Acusa ó executivo de incrementar a débeda a provedores e non executar partidas xa consignadas. O voceiro popular vai máis aló apuntando a unha posible crise interna como causa da situación de desgoberno. Os populares consideran que a tensión interna no seo do executivo local evidenciada no último pleno pon de manifesto a situación de ingobernabilidade do concello nos últimos sete meses. Acusan ó goberno, non só de non propoñer proxectos, senón tamén de non executar os que xa estaban programados e contaban con partida presupostaria. É o caso, din, do aparcadoiro de Santa María de Roo, a ampliación do Museo do Mar, a adquisición da casa da cultura ou a rehabilitación da alameda. Fronte a estas actuacións que consideran moi necesarias o executivo incluíu nos plans provinciais obras cualificadas de ‘absurdas’ polos populares xa que xerarán maiores gastos ás arcas municipais. Ó problema das infraestruturas engádese, segundo os populares, a incapacidade de xestión para resolver problemas como o da turbidez da auga ou a coordinación da piscina municipal que leva pechada un mes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/28/pp_noia_ingobernabilidade_2812151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/28/pp_noia_ingobernabilidade_281215.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí