A CIG mobilízase para evitar perder o dereito a xubilación parcial aos 61

VILAGARCÍA> Membros da CIG achegáronse este xoves ás portas de Ravella, alí reivindicaron a derrogación da reforma laboral do 2011 que afecta a reforma das pensións. Os membros do sindicato entregaron no rexistro do consistorio firmas de traballadores que apoian esta causa.

Xoves reivindicativo. Ata as portas de Ravella se achegaron esta mañá un nutrido grupo de integrantes da CIG. O motivo ten que ver coa súa reivindicación de derrogación da reforma laboral que se aprobou no 2011.

Unha reivindicación que fan tras a recollida de firmas que fixeron dentro dos comités de empresa onde a entidade ten representación maioritaria. Dende a CIG queren evitar que se perda o dereito de xubilación parcial aos 61 anos.

A entrega de sinaturas fíxose nos concellos e tamén na sub delegación do Goberno.