O campus de Pontevedra, obxectivo das próximas actuacións para a mobilidade

PONTEVEDRA> A Comisión de Mobilidade do Concello de Pontevedra comeza a planificar obras concretas coas que optar a ata 15 millóns de euros en fondos europeos. A mellora das conexións do campus co centro da cidade e o Burgo e o acondicionamento dun carril-bici entre a universidade a cidade son algunhas das propostas que se aceptaron para realizar proximamente.

 

Esta mañá reuníase a Comisión de Mobilidade da corporación pontevedresa para definir as actuacións concretas que o Concello levará a cabo dentro da solicitude de fondos europeos coa que poderían optar ata un máximo de 15 millóns de euros.

Unha das obras será a mellora da conexión que hai entre o campus de Pontevedra e a cidade e tamén co Burgo, proposta polo Partido Socialista e con grande aceptación polos demais grupos. Outra, xa confirmada, o acondicionamento do carril-bici que une a universidade coa cidade e que cofinanciada por universidade e concello recibirá unha partida de 120.000€.

No seguimento e control da cidade Marea quixo facer constar a dificultade das ambulancias no seu acceso ao hospital provincial, debido ás obras que se están a realizar na zona de urxencias. A comisión informará a empresa que as xestiona para que se corrixa o problema.

A partir de xaneiro tamén comezarán as obras de mellora de xardíns e beirarrúas en distintos puntos da cidade como a estación, Fernando II, Xoan Carlos I, Campo do Boi, Praza de Europa, Monte Porreiro ou a Avenida Buenos Aires.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/29/comision_mobilidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/29/comision_mobilidade.mp4{/flowplayer}