PONTEVEDRA> Pontevedra presenta un protocolo contra as agresións sexuais na hostalería nocturna da cidade. Bautizada como ‘Diversión Asegurada’, na iniciativa xa participan trece establecementos e tres festivais. O obxectivo é dotar aos profesionais da hostalería de ferramentas para actuar ante posibles agresións. Creando así espazos seguros para as mulleres.
‘Diversión Asegurada’ é o nome do protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno que xa está en marcha en Pontevedra.
O concello xa atopou complicidade en trece establecementos da cidade e tres festivais. Xa se comprometeron co protocolo durante o verán, as festas e a Feira Franca. Entre eles, o Soulbeer, na rúa Alta, que decidiu sumarse á iniciativa na primeira rolda de adhesións.
Ademais de facilitar manuais e dípticos informativos, o protocolo ‘Diversión Asegurada’ inclúe xornadas formativas online. Xa están dispoñibles para os propietarios dos establecementos.
Tamén está prevista a celebración dunha xornada de formación presencial. Será o 13 de outubro ás 11 e media da mañá no Centro de Información á Muller de Pontevedra. Para adherirse ao protocolo, os locais interesados poden enviar un correo cos seus datos a igualdade@pontevedra.eu.











