
VILAGARCÍA> O pequeno comercio tamén vive con intensidade estas datas. Promocións e escaparates vestidos para a ocasión animan aos viandantes a comprar nos seus establecementos os agasallos e a comida propia do Nadal, o que se ve reflectido nun aumento das vendas do 10% con respecto á compaña do 2014.
O prendido dos alumeados de Nadal, os escaparates engalanados para a ocasión e as promocións destes datas animan as compras e aínda que non rematou a campaña de inverno, os comerciantes xa valoran moi positivamente estes días de vendas continuas, que xa cifran nun aumento do 10% fronte ao ano 2014.
Un ano no que cada vez máis a xente volve a comprar no pequeno comercio en oposición ás grandes cadeas e centros comerciais.
Pasados Noiteboa e Nadal aínda quedan por diante días de moito movemento nas rúas e nas caixas rexistradoras que congregarán a gran cantidade de persoas.
Os comerciantes amósanse satisfeitos dende a pasada campaña de verán que, aseguran, tamén foi moi boa, e esperan que as rebaixas sigan nesa liña, a pesar de non agardar grandes aglomeracións nos primeiros días.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/29/comerciantes_en_nadal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/29/comerciantes_en_nadal.mp4{/flowplayer}







