O primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo xa está en Pontevedra

PONTEVEDRA>  O primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo xa está en Pontevedra. Trátase dunha tecnoloxía única en toda a provincia que permite camiñar a nenos con parálise cerebral ou outras patoloxías afíns.

Vai comezar a empregarse no vindeiro mes de novembro no servizo de rehabilitación externa de Amencer-ASPACE.

O dispositivo, que supón  un antes e un despois para a entidade, está composto por oito articulacións activas e axuda a camiñar tanta cara adiante como cara atrás. É axustable ás medidas de cada neno e parametrizable segundo as características e limitacións de cada usuario.

Esta mañá, na súa presentación, o protagonista foi Hugo, un neno de 7 anos con parálise cerebral, que foi o encargado de demostrar como se uso este exoesqueleto. A súa familia recoñecía estar emocionada ante o que supón para eles esta nova ferramenta.