APECO presentou un proxecto de incluisón laboral en comercio para discapacitados

    POBRA> Para o desenvolvemento da iniciativa, pioneira na comarca, contará ca implicación da área de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña. O auditorio Valle-Inclán foi o lugar escollido por APECO para facer a posta de longo deste ambicioso proxecto que busca a inclusión laboral en comercio para as persoas con algún tipo de discapacidade. Segundo sinalou a presidenta da entidade, a iniciativa, totalmente novidosa, busca para Deán un comercio diferencial, cun alto valor engadido, dando ó mesmo tempo unha alternativa laboral a persoas con diversidade funcional. O proxecto conta coa implicación da Deputación da Coruña. A deputada responsable da área de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero deste organismo, Ánxela Franco, participou na presentación desta iniciativa, destacando a importancia do mesmo. A iniciativa está prevista que se poña xa en funcionamento no primeiro trimestre do ano.