Os clubes continúan modelando as plantillas para a tempada 2010-2011

plantilla_deportesfichaxes_copia.jpgO SALNÉS> O Arosa renovou ó centrocampista Adrián Camino, e fichou ó defensa José Ríos. O Ribadumia xa conta co porteiro Enrique Ríos, Kiko e o Cambados engade ás súas filas a Óscar García.

{flowplayer}images/salnes/FICHAXES.flv{/flowplayer}

O Arosa continúa renovando a plantilla do primeiro equipo, que competirá a próxima tempada en Preferente Autonómica. O vicepresidente deportivo da Xunta Xestora, alcanzou onte un acordo de renovación co centrocampista Adrián Camiño. Antonio Durán Chatarra, tamén anunciou a fichaxe do defensa José Ríos, formado nas categorías inferiores do Arosa e que regresa á A Lomba procedente do Ribadumia. Con estas dúas altas, o primeiro equipo aumenta a dezaoito a cifra de xogadores que comezarán a traballar o día 26 ás ordes de Lino González. A Xunta Xestora non descarta a incorporación de tres ou catro xogadores máis, sobre todo para aliña defensiva e o centro do campo.

Un ex do Arosa, Óscar García, acaba de converterse na segunda fichaxe do Cambados, para a próxima tempada, tras o dianteiro Camilo Vila. García, de 23 anos, chega a Burgáns con sobrada experiencia na categoría posto que tamén xogou en preferente vestindo as camisetas do Pontevedra B e do Unión O Grove. O reforzo do cadro amarelo, pode xogar tanto de lateral como no dentro da defensa. Disputará o seu primeiro partido oficial o sete de agosto ante o Gran Peña na Copa Deputación. Con esta fichaxe o técnico, Ángel Oliveira, apuntala a parcela defensiva, que se veu debilitada coa baixa de Dani Abal. O Cambados dispón xa dun total de 15 xogadores.

O Ribadumia, que se está mostrando moi activo en canto a movementos na súa plantilla, fixo público onte a fichaxe de Enrique Ríos, Kiko. Este porteiro chega procedente do Arosa e vai pelexar por un posto no once titular na portería do conxunto de A Senra con Juanito. A chegada de Kiko, provoca que a xunta directiva do Ribadumia estea xestionando que Eloy, procedente do equipo xuvenil, vai cedido a outro clube.

Redacción Salnés