Vilagarcía promociona a nova ruta turística mariñeira de Carril

VILAGARCIA> Vilagarcía amplía a súa oferta turística coa promoción da ruta mariñeira de carril. Un itinerario que percorre a praia da Compostela, a costa carrilexa e a illa de Cortegada. A ruta está inclúe cinco paneis informativos a través dos cales pódense coñecer tanto as paisaxes da vila como as súas costumes mariñeiras.

Vilagarcía puxo en marcha a promoción dunha nova ruta turística por Carril. Un itinerario que parte da praia da Compostela ata o límite de Carril con Bamio. O percorrido inclúese tamén a illa de Cortegada.

A ruta xa se pode consultar na páxina web do concello. Ademais, tamén se instalaron 5 paneis con información da ruta nos que se inclúen códigos QR. A través destes enlaces, os usuario do itinerario poderán coñecer máis sobre as paisaxes de Carril e das súas costumes mariñeiras.

Os cinco paneis están colocados estratexicamente ao longo do percorrido para informar sobre os detalles máis relevantes. O primeiro deles, sitúase na praia da Compostela e fai unha introdución á historia de Carril. O segundo, tamén na praia, informa sobre os parques de cultivo de ameixa. O terceiro, localízase na alameda de Carril e permite descubrir a illa de Cortega. O cuarto, e o que máis destacan dende o concello, sitúase na preto da praza da liberdade e está dedicado á muller mariscadora.

O quinto panel está situado preto do lavadoiro de Fonsanta e trata sobre o río Ulla. O obxectivo do concello con esta ruta, é promocionar a súa costa, a labor das persoas que se dedican a traballar o mar e o turismo mariñeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí