O Obradoiro de A Lanzada preparou un menú especial de Noite Vella para Cáritas

    O GROVE> Tamén tiveron un xantar especial para Fin de Ano moitas das persoas necesitas da comarca de O Salnés. Foi posible grazas á colaboración que dende hai anos manteñen Cáritas de Vilagarcía e o Obradoiro de Hostalería de A Lanzada. Dende primeira hora da mañá prepararon un dos menús máis especiais do ano.

     

    Ás 8 da mañá, a cociña do obradoiro de hostalería de A Lanzada xa estaba a pleno rendemento.

    Hoxe tiveron unha encomenda moi especial: preparar un menú de Noitevella para Cáritas.

    Un menú rico e equilibrado, e tamén un dos máis importantes do ano. Ademais, neste 2015 conta cunha achega moi especial.

    Rematado o traballo na cociña, a testemuña pasou a Cáritas. Eles encargáronse de recoller a comida e trasladala ao seu centro en Vilagarcía.

    Grazas a este traballo, máis de cen persoas con poucos recursos gozarán dunha comida especial para despedir o ano como se merece.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/04/xantar_caritas_obradoiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/04/xantar_caritas_obradoiro.mp4{/flowplayer}