A Asociación Ronsel pecha a programación do Entroido de Poio co concurso virtual do Galo Fodorico

POIO> O Concello de Poio continúa a súa programación de Entroido. Dende o 22 ao 27 de febreiro, o municipio levará a cabo nas redes sociais o concurso do Galo Fodorico. Unha actividade organizada pola Asociación Ronsel e na que se repartirán diferentes vales.

O Concello de Poio anunciou hoxe o último evento da programación do Entroido. O Concurso do Galo Fodorico levarase a cabo do 22 ao 27 de febreiro nas redes sociais e o evento está organizado pola Asociación Ronsel.

O concurso está dirixido a todos os veciños, dende os máis pequenos aos maiores.

Para participar hai que subir unha fotografía ao Facebook da Asociación Ronsel, empregando o cancelo #Fodorico2021. Entre os gañadores repartiranse vales para gastar nunha libraría de Poio, na hostalería e no comercio local.

Este ano, o Entroido en Poio vívese de maneira diferente pero dende o Concello e dende a Asociación Ronsel animan a toda a veciñanza a participar neste concurso virtual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí