Decomisan 3 toneladas de cocaína en Barro, o maior alixo en terra dende 1999

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/05/cocaina_barro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/05/cocaina_barro.mp4{/flowplayer}

BARRO> Novo golpe contra o narcotráfico en Pontevedra, desta volta en Barro. O Greco da Policía Nacional incautouse de tres toneladas de cocaína listas para entregar na Costa do Sol. Trátase do maior alixo desta droga incautado en terra no que vai de século. A operación, bautizada como Dulce, saldouse cunha ducia de detidos de nacionalidade española, holandesa e británica.

Os tres mil quilos de cocaína incautados en Barro supoñen o maior alixo decomisado en terra dende 1999. O seu destino era a Costa do Sol.

A operación, bautizada como Dulce, arrancou cando os axentes tiveron coñecemento de que un grupo de holandeses introducira cocaína polas costas galegas. A droga ocultárona nunha nave dun polígono industrial de Barro, en Pontevedra, para despois vendela a narcotraficantes británicos instalados en Málaga e Marbella.

A cocaína foi interceptada cando estaba previsto que dous homes de nacionalidade española a trasladaran ata Málaga nunha furgoneta. O vehículo partiu dende a nave de Barro, cargado con 700 quilos, distribuídos en fardos ocultos na parte traseira dos asentos do condutor. Diante da furgoneta viaxaba un coche lanzadeira.

Cando o Greco intentou parar a furgoneta o lanzadeira embestiu o vehículo dos axentes, que resultaron ilesos e lograron deter aos condutores, para máis tarde localizar os 2.300 quilos de cocaína restantes ocultos na nave.

No marco desta operación a Policía Nacional desmantelou unha das redes de narcotráfico con máis capacidade económica e operativa de Europa. O operativo rematou cunha ducia de detidos: os dous españois encargados do transporte, dous holandeses responsables de introducir a cocaína en España e oito británicos encargados de mercala e distribuíla despois no Reino Unido. Para sacala do país estaban agardando a que se relaxaran os controis fronteirizos en Francia, endurecidos despois dos atentados yihadistas.

Tamén foron intervidos 1,2 millóns de euros en efectivo, armas e vehículos. Na operación colaboraron as axencias antidroga de Estados Unidos e Reino Unido