A Pobra estrea tres rutas de sendeirismo e unha aplicación turística

    POBRA> O concello da Pobra aposta forte pola promoción do deporte e do turismo. Tres novas rutas de sendeirismo véñense sumar á oferta de actividade de lecer do municipio. Toda a información sobre os itinerarios pode consultarse a través da web rutas.apobra.gal. A oficina de turismo é o punto de partida común das tres rutas de sendeirismo que vén de inaugurar o concello da Pobra. Tras un arduo traballo de limpeza de camiños, acondicionamento e sinalización xa están operativos os tres itinerarios que poden consultarse a través dunha web específica deseñada para este proxecto baixo o dominio rutas.apobra.gal. Na súa elaboración participaron ademais do persoal técnico do concello e a asociación de atletismo do Barbanza, as empresas Publicolor e Foto Ríos, encargadas da cartelería e sinalización. Esta non é a única novidade que ofrece o concello xa que vén de poñer en marcha unha aplicación para móbiles na que consultar información turística e de servizos plenamente actualizada. Ámbolos dous proxectos foron cofinanciados cunha subvención da Xunta e outra da Deputación da Coruña, ademais da achega municipal. Para o concello é tan só o principio da política de acceso á información e participación cidadá que pretenden desenvolver. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/05/novas_rutas_sendeirismo_pobra_0501161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/05/novas_rutas_sendeirismo_pobra_050116.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí