Dous novos tremores de terra sacuden ó Barbanza esta madrugada

    BARBANZA> A comarca do Barbanza rexistrou esta pasada noite dous novos tremores de terra. Foron moi seguidos, e sentíronse pouco antes das catro da madrugada, segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional, dependente do Ministerio de Fomento. O primeiro deles tiña lugar na Pobra do Caramiñal, cando as agullas marcaban as tres e corenta e catro minutos. Alcanzou unha intensidade de 2’7 graos na escala Richter, chegando a ser percibido por numerosos veciños non só da localidade senón tamén de concellos veciños. O segundo dos tremores producíase poucos minutos despois deste, ás tres e cincuenta, con epicentro esta vez en Porto do Son, aínda que nesta ocasión cunha magnitude lixeiramente inferior ca o anterior, 2’3.