Carlos Maquieira substituirá a Noelia Estévez no grupo municipal de Marea Noia

    NOIA> A xa ex-edil renuncia a súa acta de concelleira e abandona a política municipal por motivos persoais

     

     

    Noelia Estévez, que xunto a Manolo Seijas formaba o grupo municipal de Marea de Noia, deixa a política activa. A xa exedil puxo a súa acta a disposición da formación e formalizou a súa dimisión no concello. Alude a motivos persoais para xustificar a súa decisión, ó non poder atender, segundo ela, os deberes propios do cargo coa responsabilidade que a cidadanía merece. O seu lugar no grupo municipal será ocupado por Carlos Maquieira, número tres da candidatura nos pasados comicios municipais. A formación aproveitou ademais para renovar a coordinadora da agrupación. Lola Caramés será a coordinadora xeral, á que acompañarán Marisé López en asuntos sociais, José Romaris en mar, Rosa García Chouza en medioambiente e seguridade, Xosé Manuel Barreiro Insua en cultura e patrimonio e Chelo Martínez que se encargará de comercio e turismo.