O PP de Noia pide que se priorice a tramitación do PXOM

    NOIA> O PP de Noia denuncia a parálise na tramitación do PXOM ó longo dos últimos meses. Os populares esixen que se convoquen novas reunións co equipo redactor para avanzar na elaboración do documento e proceder á súa aprobación. Os populares consideran que os sete meses da presente lexislatura foron tempo perdido para o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Lonxe de avanzar na súa tramitación, non se ten dado nin un paso adiante xa que a primeira xuntanza co equipo redactor convocouse a finais de ano. Os populares esixen que se priorice a aprobación inicial do PXOM dada a importancia vital deste documento para o desenvolvemento de Noia así como a cantidade de fondos que se levan investidos ata o momento na súa redacción.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí