As fortes chuvias provocan o desbordamento de varios ríos

    RIANXO> As intensas chuvias destes días tamén están a deixar numerosas incidencias nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia, debido fundamentalmente ás enchentas que se produciron nas canles dalgúns ríos e regatos. É o caso do río Té en Rianxo, cuxo desbordamento obrigou ó peche da ponte que cruza o río, no lugar da Laxe, deixando sen acceso ó lugar. Cara a tarde, unha vez que as precipitacións foron a menos, a situación normalizouse. Outro punto conflitivo foi a zona do río Arlés, na parroquia ribeirense de Artes, que novamente provocou asolagamentos nos terreos e fincas colindantes. Os equipos de emerxencias da maioría dos concellos traballaron tamén arreo para a limpeza de cunetas e rexistros de sumidoiros que tamén se viron afectados polas chuvias provocando a acumulación de auga.