A Marea de Noia insiste en incluír ó municipio na Área Metropolitana de Santiago

NOIA> Dende a formación pídenlle ó equipo de goberno que execute o acordo tomado por unanimidade, tanto no Parlamento coma no pleno municipal, no que se instaba a Xunta a incluír aá localidade nesta rede de transporte.

Segundo a Marea a inclusión de Noia na rede de transporte metropolitano de Santiago traería consigo importantes beneficios para os veciños da vila, xa que se abaratarían os custes nos desprazamentos a Compostela, e permitiría tamén unhas mellores conexións coa capital de Galicia.

Ligada a esta solicitude a Marea presentou tamén varias propostas para que as rutas intermunicipais sufran cambios que permitan un aumento do número de usuarios.

Tamén aluden á necesidade de acometer unha reconfinguración das conexións, tomando como eixe principal a liña Santiago-Noia, para que estean conectadas entre si, tanto na saída cara a Arousa Norte, como no transporte intermunicipal.