Remata a restauración do retablo da igrexa do Caramiñal

    POBRA > O concelleiro de Cultura da Pobra do Caramiñal vén de informar do avanzado estado no que se atopan as obras de acondicionamento da Igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal. A actuación contempla a restauración do retablo da capela maior, unha peza que data de finais do século XVII e con enorme importancia histórica e artística.

    O retablo, tallado e ensamblado cara o ano 1700 por un obradoiro de escultura compostelán, atopábase ata o momento nun precario estado de conservación debido ó desprendemento dalgunhas pezas e ós movementos na estrutura do ático.

    Ante este feito, o concello da Pobra solicitou á Dirección xeral de Patrimonio da Xunta a restauración da peza que está a ser levada a cabo pola empresa ALFA-Arte Restauración de Santiago.

    A día de hoxe os traballos están a piques de concluir posto que xa se procederon ás labores de limpeza e desinfección  para protexelo dos ataques dos insectos así como á recupuración das pinturas orixinais.

    As labores de recuperación da policromías estarán rematadas a finais de mes coincidindo coa celebración dos actos festivos de cara á Semana Santa. Unha vez rematados os traballos,  o concello da Pobra en colaboración co párroco deseñarán unha rota sobre o Patrimonio Monumental da vila no que se integraría o retablo restaurado. Para levar a cabo este obxectivo, instalarase na capela un sistema de iluminación ornamental baseado na combinación de luces brancas, douradas e azuladas.

    Redacción Barbanza