Localizado o mozo desaparecido en Ribeira

RIBEIRA> O mozo ribeirense Jorge González, de 33 anos, desaparecido dende a xornada do domingo regresou xa á súa casa en bo estado. Os pais denunciaran na comisaría da Policía Nacional a súa desaparición ó non saber nada do seu paradoiro. Nesta ocasión, final feliz para unha historia que puido acabar en traxedia.