Luz verde ós orzamentos sen alegacións

PONTEVEDRA> O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, anunciou tamén tras esa xunta de goberno que nos próximos días publicaranse xa no Boletín Oficial da Provincial os orzamentos municipais para este 2016, xa que ningún dos grupos da oposición presentou alegacións ás contas. Ademais, a edil de Benestar, Carmen Fouces, explicou ó remate da reunión outra das medidas tomadas polo goberno: a introdución de cláusulas sociais en tódolos contratos que licite o concello.

 

 

O concello de Pontevedra contará este ano cun orzamento de 71,9 millóns de euros. Un 3.5 por cento superior que ó do 2015. As contas quedarán publicadas previsiblemente esta semana no Boletín Oficial da Provincia xa que o prazo de presentación de alegacións rematou sen que os grupos da corporación realizaran ningunha.

 

O anuncio realizábao González á saída da xunta de goberno local. Unha reunión na que tamén se acordou introducir de agora en diante cláusulas sociais nos contratos que licite o concello. Xa se viña facendo de certo xeito ata o momento, segundo explicou a edil de Benestar, pero o que se pretende é que se instaure como un protocolo xeralizado.

 

O primeiro destes contratos que xa se incluirán neste procedemento será o de Axuda no Fogar, do que se están elaborando os pregos.

 

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/11/orzamentosbopponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/11/XUNTA_GOBERNO_PONTE_110116.mp4{/flowplayer}