PONTEVEDRA> En Pontevedra, seguimos con reaccións ao balance que o goberno local fixo a principios de semana sobre a saúde económica das arcas municipais. O Partido Socialista pon o foco na porcentaxe de execución dos cartos destinados aos investimentos. Un capítulo no que só acadou o 29,9%. Os socialistas aseguran que é unha cifra alarmante que pon de manifesto a parálise na que o BNG ten sumida a Pontevedra.
O Partido Socialista fai unha interpretación dos datos económicos do concello de Pontevedra ben diferente á que presentou a principios esta semana o concelleiro de Facenda. Iván Puentes apunta que a execución dos orzamentos do 2023 foi do 64%, a máis baixa de todo o mandato anterior. E que no capítulo de investimentos só chegou ao 29,9%.
Para o voceiro socialista, a execución foi raquítica e demostran a parálise na que, asegura, está inmerso o concello de Pontevedra.
En canto ao remanente que se podería incorporar ao orzamento de 2024, que os socialistas cifran en 35,2 millóns de euros, Puentes advirte: o BNG terá que dialogar na procura de acordos.
Puentes criticou tamén a política de persoal do concello, tendo en conta que no capítulo dedicado a estes gastos a execución apenas superou o 93% e que moitos servizos municipais están, dixo, infradotados de persoal.