O PP de Pontevedra demanda unha ‘volta segura’ dos traballadores municipais

PONTEVEDRA> E en Pontevedra, o PP está preocupado pola volta ó traballo presencial dos traballadores municipais. A formación reclama ó concello medidas adicionais para que se garanta un regreso seguro. Os populares reclaman tamén que os bombeiros e a Policía Local pasen a ser considerados como persoal exposto ó risco, polas características do seu traballo.

O regreso ó traballo presencial nas dependencias municipais, preocupa ó PP de Pontevedra. Os populares pídenlle ó goberno local que garanta a volta segura dos traballadores municipais. Reclaman a posta en marcha de medidas adicionais para garanti-lo seu benestar.

Os populares consideran que a volta ó traballo presencial debera facerse por fases, dependendo da evolución da pandemia.

Piden tamén que os bombeiros e a Policía Local pasen a ser considerados como persoal exposto ó risco, polas características do seu traballo.

A concelleira popular aproveitou para critica-las obras que se están a acometer na Casa do Concello, en Michelena 30. Pide que se garanta a seguridade e salubridade dos traballadores que están a acomete-los traballos, tendo en conta, segundo di, que tanto o ruído como o po xerado poden complicar o día a día dos traballadores.