O programa da Deputación +Música levará un cento de concertos a 58 concellos pontevedreses

PONTEVEDRA> Xa está en marcha a terceira edición do +Música, o programa da Deputación de Pontevedra de apoio á programación musical nos concellos de menos de 50.000 habitantes. No seu marco desenvolverase case 100 concertos que, ademais, buscan impulsar a música feita en Galicia. Son 700.000 euros dirixidos a apoiar a programación musical, promover o sector galego e descentralizar a actividade cultural.

O programa +Música da Deputación de Pontevedra medra na súa terceira edición. No seu marco desenvolveranse 93 concertos, 15 máis que no ano pasado. Todos desenvolveranse en municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes.

Ademais de descentralizar a actividade cultural, esta iniciativa busca apoiar a programación musical e promover o sector galego. Como novidade, este ano cada concello pode programar un concerto máis con respecto ao ano 2025, ata un máximo de tres. Outro aspecto novidoso é que o catálogo de artistas ampliouse nun 28 % ata os 286 músicos.

Esta terceira edición desenvolverase entre os meses de maio e decembro. Celebraranse nos 58 concellos beneficiarios actuacións de 56 artistas e bandas galegas diferentes, das cales 24 debutarán este ano no circuíto.

Esta terceira edición do +Música estivo dotada con 700.000 euros.