Piden o ancheamento do Camiño da Granxa de Raxó

POIO> O traslado a pé dun enfermo onte na zona da Granxa de Raxó, en Poio, volve a pór en boca de todos as continuas queixas dos veciños desa carreira para o acondicionamento e ancheamento da mesma. A ambulancia quedaba atrancada a ambos lados da rúa e os sanitarios tiveron que trasladar ao paciente a pé dende a súa casa. Os veciños levan anos pedindo a súa mellora e a pesar das conversas co concello, alí aínda non comezou ningunha obra.

 

 O estreito  do Camiño da Granxa de Raxó provocaba onte un retraso na atención sanitaria que realizaba unha ambulancia na rúa. Un veciño desa carreira con problemas respiratorios precisaba de atención médica, mais cando a ambulancia chegou a este punto o vehículo non conseguía pasar por ningún dos dous lados da rúa e os sanitarios tiveron que trasladar ao home parte do traxecto a pé. Os veciños lamentaban esta mañá as posibles consecuencias dun retraso similar en casos de maior urxencia na que a rapidez de resposta sexa decisiva.

Os veciños manteñen que a rúa non é só un problema para vehículos más anchos e servizos, senón que eles mesmos encontran grandes dificultades para transitar sen beirarrúas e cunha circulación de dobre sentido.

Cunha reivindicación que manteñen dende fai anos, os veciños xa se reuniron en diversas ocasións co concello para atopar unha solución e os mesmos propietarios aceptaron ceder parte dos terreos que dan á carreira para facilitar o seu ancheamento.

Por parte do Concello confirmaron que existe un proxecto de acondicionamento do terreo con fondos da Deputación, pero as obras aínda non comezaron. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/12/camino_raxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/12/camino_raxo.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí