Deputación e concello de Pontevedra piden ao PP que os deixe traballar no Plan Revitaliza

Pontevedra> Dende a vicepresidencia da Deputación de Pontevedra, e dende a alcaldía do concello da capital de provincia, consideran que os veciños de Eduardo Pondal, que solicitan a retirada do composteiro comunitario, debería de estar máis informados en relación ao Plan Revitaliza. Mosquera e Lores cren que o PP está detrás de todas estas recollidas de sinaturas, por esta razón piden aos populares que se non se suben ao carro a lo menos deixen traballar.

A realidade do compost parece que ese está convertendo máis nunha confrontación política que nun feito medio ambiental. Onte veciños de Eduardo Pondal solicitaban a retirada do composteiro comunitario nesta zona da Boa Vila, ante estas reclamacións dende a vicepresidencia da Deputación teñen claro que é o PP o que se atopa detrás desta recollida de sinaturas. Mosquera ten claro que Moreira e Moldes están levando a cabo esta campaña en contra do Plan Revitaliza.

Dende o Goberno Local pola súa banda teñen moi claro que o proceso de compostaxe é beneficioso para todos os veciños da cidade, por esta razón non entende quen pode estar en contra, cree que os veciños que asinaron o escrito solicitando a retirada dese composteiro comunitario están mal informados sobre o proceso de compostaxe, que non molesta nin prexudica, dixo Lores, a ninguén.

De momento dende o Goberno Local de Pontevedra insistiron en que ese é o camiño que van a seguir e continuarán coa colocacións de composteiros comunitarios e tamén individuais na cidade.