Sanxenxo xa presume do seu feixe de bandeiras azuis

SANXENXO> Silgar e outras 16 praias do concello de Sanxenxo xa locen a súa bandeira azul. Esta mañá tivo lugar o izado das insignias, coincidindo co inicio do mes de xullo. No acto, ao que asistiu a Conselleira de Medio Ambiente, púxose en valor o traballo feito polo concello no mantemento e conservación dos areiais.

Sanxenxo presume dende hoxe de 17 bandeiras nas súas praias, repetindo de novo como o municipio de España con máis distintivos. O izado das insignias tivo lugar de xeito simultáneo en tódolos areais da localidade. Ao acto de Silgar asistiu a Conselleira de Medio Ambiente.

Ánxeles Vázquez lembrou que con estes distintivos garántese aos usuarios ‘calidade’ nos servizos que se ofrecen nas praias.

Pola súa banda, o alcalde de Sanxenxo comprometeuse a seguir traballando para conseguir máis bandeiras azuis para o concello. Unha ferramenta, dixo, que serve para posicionar ao municipio a nivel mundial.

Aos 17 distintivos das praias, hai que engandir recoñecementos tamén para o porto deportivo Xoán Carlos I, o Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Náutico de Portonovo, o centro de interpretación  da Telleira e a Rede de Sendeiros de Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí