O BNG interésase polo avance das obras da Cerca en Aguiño

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira vén de facerse eco das queixas formuladas por numerosos veciños de Aguiño, ante as obras que se están a executar na rúa da Cerca. Os traballos permaneceron parados durante o Nadal pero xa se retomaron e está previsto que estean rematados nun máximo de tres meses tal e como establece o prazo de execución. Os nacionalistas desprazáronse ata a zona para informar á veciñanza sobre os detalles técnicos da obra, na que se contempla a instalación dun bombeo conectado á rede de saneamento para desaugar. Posteriormente, unha vez o terreo estea seco, procederase ó asfaltado da rúa.