BARBANZA> Ademais das concentracións prepáranse varias xornadas de folga en tódolos servizos do Sergas para os días 2 e 3 de novembro. Esta mañá, ás portas do hospital, persoal do centro hospitalario do Barbanza, atendendo a unha convocatoria da plataforma sindical da Sanidade , conformada pola CIG, CC.OO, UXT, CSIF, SAE e Satse, concentrouse para reclamar un calendario de reunións na que negociar a recuperación progresiva de dereitos perdidos nestes últimos anos polos traballadores. A de hoxe era a primeira das dúas concentracións convocadas. A próxima terá lugar o vindeiro mércores 25. Ademais esta mañá informouse tamén da convocatoria de folga en tódolos servizos do Sergas para os próximos días 2 e 3 de novembro ante a negativa da Xunta a implementar a recuperación dos dereitos dos profesionais da sanidade. Os propios traballadores do hospital barbanzán aseguraron que a Xunta está a incumprir os acordos asinados a este respecto, demandando que nos presupostos de 2018 se inclúa unha partida específica para isto.
Inicio Barbanza - Muros - Noia