Medio Ambiente resolverá os problemas da turbidez en Noia cunha inversión próxima ó millón de euros

    NOIA> A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, visitaba o concello de Noia, para asinar co seu alcalde, Santiago Freire, un convenio de colaboración que permitirá a execución de diversas obras hidráulicas. En concreto trátase dun novo depósito de auga que permitirá rematar cos problemas de turbidez na rede municipal. A actuación contará cun investimento de 900.000 euros. A consellería de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, asinaban o convenio de colaboración entre ámbalas Administracións, que permitirá solucionar dunha vez por todas os problemas de turbidez da auga que afecta dende hai anos á rede de abastecemento municipal. A actuación, cun investimento duns novecentos mil euros, permitirá dotar dun novo novo depósito de auga con maior capacidade que o actual. Dende o concello noiés agradeceuse o enorme esforzo e o compromiso mostrado nestes últimos anos co municipio onde se levan investido uns 4,5 millóns de euros en diversas actuacións de melloras hidráulicas como é o caso da instalación da nova rede de colectores xerais.