AMBAR contará con cinco novas prazas concertadas

    RIBEIRA> O incremento do orzamento da Consellería de Política Social en materia de dependencia chegará tamén a AMBAR que se verá beneficiada con cinco novas prazas concertadas. Deste xeito, familias que contaban con praza privada poderán acceder ó modelo público, ó longo deste ano. A nova, comunicada polo Conselleiro durante a visita ó centro ocupacional de Frións foi moi ben recibida pola directiva da entidade que leva tempo demandando a ampliación de prazas concertadas. O alcalde de Ribeira, tamén presente na visita, destacou a necesidade de que tódalas administracións apoien a entidades como AMBAR, responsables dunha maior calidade de vida para as persoas con diversidade funcional.