Tódolos permisos en regla para inspeccionar o interior do Paquito II

    BOIRO> A inmersión para revisar o Paquito Número Dous, o barco bateeiro afundido en Corrubedo a finais de 2014, está máis preto de materializarse. A empresa responsable dos traballos conta xa con tódolos permisos administrativos para levar a cabo esta operación que permitirá confirmar ou descartar se os corpos dos dous desaparecidos permanecen no interior da nave. Tan só resta a presentación dun informe que recolla polo miúdo o plan de inmersión para que a administración autorice o procedemento, longamente demandado polas familias que sempre albergaron a esperanza de poder recuperar os corpos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí