O Colexio Galaxia convoca un concurso de debuxo en memoria de Monste Noya

RIBEIRA> O colexio Galaxia e o concello de Ribeira convocan o primeiro concurso de debuxo Montse Noya Vázquez, en homenaxe a esta mestra falecida o pasado ano. Está dirixido ó alumnado de tódolos centros educativos do municipio.

Nace en Ribeira a primeira edición do Concurso de Debuxo ‘Montse Noya Vázquez’ a iniciativa das compañeiras desta docente do Colexio Galaxia que falecía repentinamente o pasado mes de novembro.

O certame na súa memoria está dirixido a tódolos centros educativos do municipio que deberán presentar as súas propostas entre o 6 e o 15 de outubro.

As obras serán de temática e técnica libre e deberán estar escritas en galego se incorporan algún texto. Establécense tres premios de 150, 100 e 50 euros en vales de compra no comercio local. O primeiro clasficado será imaxe ademais dun cartel do concello. A entrega de premios terá lugar o 27 de novembro.