A piscina de Rianxo ofrece adestramento individualizado ós usuarios a través dunha App

    RIANXO> A empresa Aquafyt que xestiona a piscina municipal e o ximnasio de Rianxo xa dispón para os seus usuarios dunha novidosa aplicación denominada ‘Trainingym’ que lles permitirá coñecer de primeira man e en todo momento os seus adestramentos e calquera dúbida que lle poida xurdir. O programa, que non supón custe algún para o abonado, está a causar unha gran aceptación. Poder consultar a través do seu propio teléfono o adestramento do día, calquera valoración técnica, os horarios ou mesmo calquera dúbida que puidera xurdir, Estas son algunhas das posibilidades da aplicación ‘Trainingym’ da que dende hai un meses disfrutan os abonados da piscina e o ximnasio municipal de Rianxo. A experiencia, novidosa na comarca, está a ter unha gran aceptación entre os usuarios do complexo deportivo, e non supón un custe adicional para o abonado das instalacións. A través desta aplicación, Aquafyt busca mellorar o benestar dos seus abonados ó tempo que promover hábitos de vida saudable a través da práctica da actividade física.